PRESENTACIÓN


No ano 2013, sete anos despois de que comezara a andaina deste Patrimonio do Concello do Vicedo (primeiro noutro enderezo web que tiven que mudar a mediados do 2011 polo actual debido aos problemas que me estaba a xerar ao inserir as noticias), decidín dar por rematada a información que achegaba no blogue por considerar, primeiro porque que xa cumprira a función para o que fora creado, e por outra parte porque acadei destino lonxe da comarca e, polo tanto, engadir novos datos ía resultar máis complicado. Mais, nestes anos, algunhas persoas pedíronme que o "reactivara" de novo. Despois de pensalo un chisco (máis ben un chisquiño), animeime a retomalo de novo, aproveitando a información que me achegan e a que vou recompilando cando visito o municipio. 

Non resultou doado recompilar os datos que achego nas distintas entradas (estaba case todo por facer), a escasa, caseque nula información sobre o municipio tiven que complementala coa proveniente doutros ámbitos xeográficos próximos, co traballo de campo e a transmisión oral.

Ogallá, este modesto traballo anime a outr@s investigador@s a continuar investigando sobre a Historia do Concello do Vicedo.

Xabier Moure